16.10.09

DIGNIDADE


O 22 de novembro de 1979 La Voz titulaba na súa portada, a cinco columnas, 'Hoy, jornada en defensa de la dignidad nacional de Galicia'. Era a loita contra a 'aldraxe', contra un estatuto de autonomía de segunda, e en defensa dun ...autogoberno real. Este domingo 18 La Voz podería titular o mesmo, pero non o fará. Moito retrocedemos dende a Transición.

8.9.09

ADEUS FEIJOO, A CANCIÓN DO VERÁN


A organización de A Polo Ghit impediu a participación do tema no concurso porque ao seu xuízo frases como "Rosa Díez, paredón" non son "axeitadas", pero Adeus, Feijoo é claramente a canción do verán.



Feijoo matouse onte no medio de París,
saltou dun sexto piso así coma quen ri.
(...)
E Feijoo onde anda?, Rueda onde anda?
Touriño xa se foi, xa extirpamos o tumor
E o BNG, jajaja, jijiji, jojojo,
Rosa Díez paredón, Rosa Díez paredón
Así de pronto cortan a programación,
Ana 'olleiras' Ibáñez anunciando o notición:
'Feijoo se murió, Feijoo se murió,
falleció el presidente entre las seis y las siete'
(...)
O Faro titula 'Adiós Presidente',
La Voz de Galicia, 'Pachi Presidente',
La Región, máis neutral, 'Se nos va un paisano, uh, llora la gente'
A Cope di que é un atentado,
que había titadín, e un pin de ETA aí ao seu lado
A SER, que cres que di? Non lle tiña ganas ou que? Que é do PP, joder
(...)
Que outro verán morre un mandamais
deixando en bandexa a independencia ourensá?
Paseamos por aí aplastando sinais,
escudos, emblemas e signos oficiais,
queimando DNIs e defacendo manis
de Ourense Bilingüe y su puta madre(...)



Ah, e velaquí o mail que o concurso lle enviou a Emilio José, comunicándolle que non podía participar:

"Ola, Emilio José

Escribímosche para comunicarche que "Adeus, Feijoo" non foi aceptada para participar no A Polo Ghit 2009. No concurso participan ou participaron cancións de crítica e sátira política, pero máis alá do tema da canción, que efectivamente é espiñento, frases como "Rosa Díez paredón" non parecen axeitadas para unha canción que vaia soar na radio pública do país.

Sentímolo moito, esperamos que o comprendas mesmo se non o compartes, e que non deixes de participar nos anos vindeiros

Saúdos"

4.9.09

LOSANTOS CHEGA A GALICIA

Son coñecidos os problemas que EsRadio, a emisora creada por Federico Jiménez Losantos despois de abandonar a COPE, está tendo para atopar frecuencias polas que difundir a súa mensaxe. Polo de agora só conta con 16 emisoras en todo o Estado, cunha boa cobertura en Madrid, pero moi escasa fóra da capital (aínda que a radio se pode seguir a través da TDT de VeoTV). As vitorias do PP nas eleccións galegas e europeas, e o bo momento de Rajoy por mor da crise económica dificultan a acción dos sectores situados á dereita dos populares (que hai á dereita do PP?).

Os únicos lugares nos que se poderá escoitar EsRadio fóra de Madrid son Canarias e Galicia, con cinco emisoras en cada territorio; no noso país fálase de que as frecuencias poderían ser Onda Local FM en Vigo (106.7), Pontevedra (90.4), Coruña (90.3), Santiago (102.5) e Ferrol (97.3). Losantos non está só nesta aventura, na que o acompañan César Vidal, Luis Herrero, ou os humoristas do 'Grupo Risa'. Nas próximas semanas comezaremos a escoitalo en Galicia: un altofalante para Galicia Bilingüe?